Que fría aquela mañán
de marzo, de madrugada
frío seco que cortaba
fríos beizos, fría man.

Qué frío estaba o anden
a estación, ¡qué fría estaba!
e que frío semellaba
o asubío do tren.

Que quente estaba o alento
da xente que respiraba
que no aire fumeaba
a calor que vai por dentro.

Era o tren do estudiante,
da xente que traballaba,
do que traballo buscaba,
do sen teito e do emigrante.

Frío cerebro asasino
fríos ollos, fría cara
fría mente depravada
frío corazón mesquiño.

Qué frío aquel estoupido
que os oídos reventaba
qué fría aquela metralla
aquel aceiro ¡qué frío!

Qué fríos aqueles ferros
que nos corpos se cravaban
xentes que se lamentaban,
¡qué fríos aqueles berros!

¡Ai que fría esa mirada!
a da xente moribunda
cunha man pedía axuda
coa outra, a ferida, tapaba.

A vista se lle nublaba,
os corpos arrefriaban
¿Porqué morro?, preguntaban
e ninguén lles contestaba.

Anacos de carne fría,
lume no ferro candente
pingueiras de sangue quente
no frío aceiro da vía.

Que política más fría
cando é interesada
basura televisada,
de odio, revancha e porfía.

E que fría aquela sala
ata que chegou falando
a muller que está chorando
muller que chora e que fala.

Que quentes son as palabras
que saen do corazón
e brotan pola emoción
o sentimento e as bagoas.

Non falou das eleccións
que perdera ou quen gañara
falou da carne abrasada,
da morte a das explosións.

Falou daquel asasino
que o seu fillo asasinara
e do dano que causara
aquel feito tan dañino.

Tamén falou dos demáis
dos mortos e dos tullidos
e falou daqueles fillos
que quedaron sen os pais.

Con esa voz desgarrada
da muller que está chorando
queren que vaia calando
pero ela chora e fala.

Esa fría Comisión
esa das dúa Españas
leva o calor das entranas
de Doña Pilar Manjón.